Presentation
Objectifs
Organismes Collaborateurs
Enquête
Formation
Coordination
Production
Diffusion
Liens

 


DIFFUSION

Le projet Linmiter a été diffusé depuis sa création à travers divers moyens de communication : presse écrite des différentes communautés linguistiques concernées, internet, revues spécialisées, conférences (Congreso mundial sobre políticas lingüísticas, VIII Conferencia internacional de linguas minoritarias, Sommet de la terminologie), réunions diverses (Réseau panlatin de terminologie, Réseau iberoaméricain de terminologie, Association européenne de terminologie, etc.).

Vendredi 8 octobre 1999 - El Correo Gallego

Hoxe péchase a xuntanza Linmiter en Santiago

SANTIAGO. Redacción. A Universidade de Santiago acolleu onte a primeira reunión de coordinación de.Linmiter (Terminoloxía para linguas minoritarias), un proxecto impulsado por Unión Latina e financiado pola Comunidade Europea para enriquecer lexicografía e a terminoloxía das Linguas galega, catalana, corsa, friulana, ladina, occitana e sarda, que reunirá ata hoxe en Santiago a uns vintecinco especialistas.

O rector da Universidade de Santiago, Darío Villanueva, lembrou na inauguración de onte a importancia deste tema para a Universidade compostelá, así como o labor da mesma na difusión e consolidación da lingua galega. O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é o anfitrión deste encontro que ten lugar no Rectorado compostelán que se clausurará hoxe. Ó encontro asisten responsables dos servicios lingüísticos e dos departamentos de Política Lingüística dos países implicados neste proxecto.

 

Jeudi 7 octobre 1999 - La Voz de Galicia

La normalización de lenguas minoritarias reúne en Santiago a una veintena de especialistas

SANTIAGO. Redacción. Veinticinco especialistas de las lenguas gallega, catalana, corsa, friulana, ladina, occitana y sarda compartirán hoy y mañana en Santiago una reunión de coordinación del programa Linmiter (Terminología para lenguas minoritarias), impulsado por Unión Latina y financiado por la Comunidad Europea para enriquecer la lexicografía y la terminología de las lenguas minoritarias y contribuir a su normalización.

El encuentro se desarrollará en el salón rectoral de la USC y contará con la presencia de representantes del Servicio Lingüístico de la Agence de la Francophonie, de las direcciones generales de Política Lingüística de la Generalitat de Cataluña y la Xunta de Galicia, de la Red Panlatina de Terminología, del Servicio Galego de Terminoloxía y del Servicio de Nomalización Lingüística de la Universidad de Santiago. Este último, representante gallego en Linmiter, actuará como anfitrión en una reunión a la que también asistirá personal de la Unión Latina y la UE.

La Unión Latina es una organización intergubernamental fundada en 1954 e integrada por 34 países de América, Europa y África que tienen como lengua oficial un idioma románico. Su objetivo es la promoción de las lenguas y culturas latinas, y en él se enmarca el programa Linmiter para la elaboración de léxicos especializados y la armonización de trabajos terminológicos.

Primeira Xuntanza de Terminoloxía para linguas minoritarías

Uns vintecinco especialistas das linguas galega, catalana, corsa, friulana, ladina, occitana e sarda participarán hoxe e mañá en Santiago de Compostela na primeira xuntanza de coordinación de Linmiter (Terminoloxía para linguas minoritarias).

O Linmiter é un proxecto impulsado pola Unión Latina -organización intergobernamental da que son membros 34 estados de América, Europa e África que teñen como lingua oficial un idioma románico- e que está financiado pola UE. Este proxecto trata de enriquece-la lexicografía e a terminoloxía destas linguas, así como contribuir á súa normalización.

O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela será o anfitrión deste encontro que terá lugar no rectorado compostelán. Ó encontro asistirán responsables dos servicios lingüísticos e dos departamentos de Política Lingüística dos países implicados neste proxecto.

Coa creación de Linmiter perséguese a elaboración de léxicos especializados e a coordinación e harmonización de traballos terminolóxicos. Espérase que estes obxectivos se acaden mediante a definición de principios metodolóxicos comúns e a realización dun programa de formación especializado en terminoloxía.

Santiago acolle unha xuntanza sobre terminoloxía

Proxecto Xis - Especialistas das linguas galega, catalana, corsa, friulana, ladina, occitana e sarda participarán os días sete e nove de outubro en Santiago na primeira xuntanza de coordinación de Linmiter (Terminoloxía para linguas minoritarias). O Linmiter é un proxecto impulsado pola Unión Latina e que está financiado pola UE. Este proxecto trata de enriquece-la lexicografía e a terminoloxía destas linguas, así como de contribuir á súa normalización.

O servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) será o anfitrión deste encontro que terá lugar no Rectorado compostelán. O encontro comenzará ás dez da mañá cun discurso de benvida do rector da USC, Darío Villanueva. Ó acto asistirán responsables dos servicios lingüísticos e dos departamentos de Política Lingüística dos países implicados neste proxecto. Coa creación de Linmiter perséguese a elaboración de léxicos especializados e a coordinación e harmonización de traballos terminolóxicos. Espérase que estes obxectivos se acaden mediante a definición de principios metodolóxicos comúns, e a realización dun programa de formación especializado en terminoloxía. Os resultados e os productos terminolóxicos producidos difundiranse a través de publicacións en papel ou mediante outros soportes, Internet ou CD-ROM.



Ce site est réalisé grâce au soutien de la Commission des Communautés européennes