| Definición |
Molécula
alotrópica triatómica do osíxeno (O3), gas de cor azul pálida,
irritante e de olor picante característico, que se encontra
en pequenas cantidades na troposfera e en concentracións
moito maiores na estratosfera, onde se produce pola acción
das radiacións ultravioletas de lonxitudes de onda curtas
sobre o osíxeno atmosférico ordinario (02). |
| Nota |
1.
Cando unha intensa radiación solar incide sobre contaminantes
atmosféricos como son os hidrocarburos, os óxidos de nitróxeno,
o monóxido de carbono, o dióxido de xofre, os sulfatos ou
o chumbo (moitos deles procedentes dos tubos de escape)
pode producirse unha forte concentración de ozono na troposfera
(ozono troposférico). Nestas condicións, o ozono é un oxidante
fotoquímico moi tóxico e corrosivo que pode intervir en
fenómenos atmosféricos, pois é capaz de oxidar materiais
non inmediatamente oxidables polo osíxeno ordinario. 2.
Como axente oxidante úsase, sobre todo, para a desinfección
e desodorización (por exemplo da auga e do aire acondicionado),
en oxidacións e branqueado (por exemplo, de residuos industriais)
e en ozonólises. |