Artigo
3
1.
O castelán é a lingua oficial do Estado. Tódolos
españois teñen o deber de a coñecer e o
dereito de a usar.
2.
As outras linguas españolas serán tamén
oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo
cos seus Estatutos.
3.
A riqueza das distintas modalidades lingüísticas
de España é un patrimonio cultural que será
obxecto de especial respecto e protección.
Artigo
20
3.
A Lei regulamentará a organización e o control
parlamentario dos medios de comunicación social dependentes
do Estado ou de calquera ente público e garantirá
o acceso ós citados medios dos grupos sociais e políticos
significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das
diversas linguas de España.
Artigo
148
1.
As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias
nas seguintes materias:
17.
O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso,
do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
ESTATUTO
DE AUTONOMÍA (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril,
do Estatuto de Autonomía para Galicia) (B.O.E. nº 101,
do 28/4/81)
Artigo
5
1.
A lingua propia de Galicia é o galego.
2.
Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia
e todos teñen o dereito, de os coñecer e de os
usar.
3.
Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso
normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego
do galego en tódolos planos da vida pública, cultural
e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo
seu coñecemento.
4.
Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
Artigo
25
Na
resolución dos concursos e oposicións para prove-los
postos de Maxistrados, Xuíces, Secretarios Xudiciais,
Fiscais e tódolos funcionarios ó servicio da Administración
de Xustiza, será mérito preferente a especialización
no dereito galego e o coñecemento do idioma do País.
Artigo
26
1.
Os Notarios e os Rexistradores da Propiedade e Mercantís
serán nomeados pola Comunidade Autónoma, en conformidade
coas Leis do Estado. Para a provisión de notarías,
os candidatos serán admitidos en igualdade de dereitos,
tanto se exercen no territorio de Galicia coma no resto de España.
Nestes concursos e oposicións será mérito
preferente a especialización en Dereito galego e o coñecemento
do idioma do País. Non se poderá establecer, en
ningún dos casos, a excepción de natureza ou de
veciñanza.
TÍTULO
SEGUNDO DAS COMPETENCIAS DE GALICIA
CAPÍTULO
I - DAS COMPETENCIAS EN XERAL
Artigo
27
No
marco do presente Estatuto correspóndelle á Comunidade
Autónoma galega a competencia exclusiva das seguintes
materias:
20.
A promoción e o ensino da Lingua galega.
Artigo
31
É
da competencia plena da Comunidade Autónoma galega o
regulamento e administración do ensino en toda a súa
extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades,
no ámbito das súas competencias, sen prexuízo
do disposto no artigo 27 da Constitución e nas Leis orgánicas
que, conforme o apartado 1.º do artigo 81 da mesma, o desenvolvan,
das facultades que lle atribúe ó Estado o número
30 do apartado 1 do artigo 149 da Constitución e da alta
inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.
LEI
3/1983, DO 15 DE XUÑO, DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
(D.0.G.: 14/7/83)
0
proceso histórico centralista acentuado no decorrer dos
séculos, tivo para Galicia dúas consecuencias
profundamente negativas: anula-la posibilidade de constituír
institucións propias e impedi-lo desenvolvemento da nosa
cultura xenuína cando a imprenta ía promove-lo
grande despegue das culturas modernas.
Sometido
a esta despersonalización política e a esta marxinación
cultural, o pobo galego padeceu unha progresiva depauperación
interna que xa no século XVIII foi denunciada polos ilustrados
e que desde mediados do XIX, foi constantemente combatida por
tódolos galegos conscientes da necesidade de evita-la
desintegración da nosa personalidade.
A
Constitución de 1978, ó recoñece-los nosos
dereitos autonómicos como nacionalidade histórica,
fixo posible a posta en marcha dun esforzo constructivo encamiñado
á plena recuperación da nosa personalidade colectiva
e da súa potencialidade creadora.
Un
dos factores fundamentais desa recuperación é
a lingua, por se-lo núcleo vital da nosa identidade.
A lingua e a maior e máis orixinal creación colectiva
dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle
dá unidade interna á nosa comunidade.
Únenos
co pasado do noso pobo, porque del a recibimos como patrimonio
vivo, e uniranos co seu futuro, porque a recibirá de
nós como legado da identidade común. E na Galicia
do presente serve de vínculo esencial entre os galegos
afincados na terra nativa e os galegos emigrados polo mundo.
A
presente Lei, de acordo co establecido no artigo 3 da Constitución
e no 5 do Estatuto de Autonomía, garante a igualdade
do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia
e asegura a normalización do galego como lingua propia
do noso pobo.
Polas
devanditas razóns, o Parlamento de Galicia aprobou e
eu, de conformidade co artigo 13º, 2 do Estatuto de Galicia
e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, regulamentadora
da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a
LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
TÍTULO
I - DOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS EN GALICIA
Artigo
1
O
galego é a lingua propia de Galicia.
Tódolos
galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo.
Artigo
2
Os
poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal
do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade
Autónoma.
Artigo
3
Os
poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas
oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón
de lingua.
Os
cidadáns poderán dirixirse ós xuíces
e tribunais para obte-la protección xudicial do dereito
a emprega-la súa lingua.
TÍTULO
II - DO USO OFICIAL DO GALEGO
Artigo
4
1.
O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial
das institucións da Comunidade Autónoma, da súa
Administración, da Administración Local e das
Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma.
57
2.
Tamén a é o castelán como lingua oficial
do Estado.
Artigo
5
As
leis de Galicia, os Decretos lexislativos, as disposicións
normativas e as resolucións oficiais da Administración
Pública galega publicaranse en galego e castelán
no Diario Oficial de Galicia.
Artigo
6
1.
Os cidadáns teñen dereito ó uso do galego,
oralmente e por escrito, nas súas relacións coa
Administración Pública no ámbito territorial
da Comunidade Autónoma.
2.
As actuacións administrativas en Galicia serán
válidas e producirán os seus efectos calquera
que sexa a lingua oficial empregada.
3.
Os poderes públicos de Galicia promoverán o uso
normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas
relacións cos cidadáns.
4.
A Xunta dictará as disposicións necesarias para
a normalización progresiva do uso do galego. As Corporacións
Locais deberán facelo de acordo coas normas recollidas
nesta Lei.
Artigo
7
1.
No ámbito territorial de Galicia, os cidadáns
poderán utilizar calquera das dúas linguas oficiais
nas relacións coa Administración de Xustiza.
2.
As actuacións xudiciais en Galicia serán válidas
e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua
oficial empregada. En todo caso, a parte ou interesado terá
dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que
elixa.
3.
A Xunta de Galicia promoverá, de acordo cos órganos
correspondentes, a progresiva normalización do uso do
galego na Administración de Xustiza.
Artigo
8
Os
documentos públicos outorgados en Galicia poderanse redactar
en galego ou castelán. De non haber acordo entre as partes,
empregaranse ámbalas dúas linguas.
Artigo
9
1.
Nos Rexistros Públicos dependentes da Adminisitración
autonómica, os asentamentos faranse na lingua oficial
en que estea redactado o documento ou se faga a manifestación.
Se o documento é bilingüe, inscribirase na lingua
que indique quen o presenta no Rexistro. Nos Rexistros Públicos
non dependentes da Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia
promoverá, de acordo cos órganos competentes,
o uso normal do galego.
2.
As certificacións literais expediranse na lingua na que
se efectuase a inscrición reproducida. Cando non sexa
transcrición literal do asentamento, empregarase a lingua
oficial interesada polo solicitante.
3.
No caso de documentos inscritos en dobre versión lingüística
pódense obter certificións en calquera das versións,
a vontade do solicitante. 59
Artigo
10
1.
Os topónimos de Galicia terán como unica forma
oficial a galega.
2.
Correspóndelle á Xunta de Galicia a determinación
dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos
de poboación, das vías de comunicación
interurbanas e dos topónimos de Galicia. 0 nome das vías
urbanas será determinado polo Concello correspondente.
3.
Estas denominacións son as legais a tódolos efectos
e a rotulación terá que concordar con elas. A
Xunta de Galicia regulamentará a normalización
da rotulación pública respectando en tódolos
casos as normas internacionais que subscriba o Estado.
Artigo
11
1.
Co fin de facer efectivos os dereitos recoñecidos no
presente Título, os poderes autonómicos promoverán
a progresiva capacitación no uso do galego do persoal
afecto á Administración Pública e ás
empresas de carácter público en Galicia.
2.
Nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás
prazas da Administración Autónoma e Local considerarase,
entre outros méritos, o grao de coñecemento das
linguas oficiais, que se ponderará para cada nivel profesional.
3.
Na resolución dos concursos e oposicións para
prove-los postos de Maxistrados, Xuíces, Secretarios
Xudiciais, Fiscais e tódolos funcionarios ó servicio
da Administración de Xustiza, así coma Notarios,
Rexistradores da Propiedade e Mercantís, será
mérito preferente o coñecemento do idioma galego.
TíTULO
III - DO USO DO GALEGO NO ENSINO
Artigo
12
1.
0 galego, como lingua propia de Galicia, é tamén
lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos.
2.
A Xunta de Galicia regulamentará a normalización
do uso das linguas oficiais no ensino, de acordo coas disposicións
da presente Lei.
Artigo
13
1.
Os nenos teñen dereito a recibi-lo primeiro ensino na
súa lingua materna.
O
Goberno Galego arbitrará as medidas necesarias para facer
efectivo este dereito.
2.
As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán
as medidas encamiñadas a promove-lo uso progresivo do
galego no ensino.
3.
Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes
por razón da lingua. Tamén se evitará,
a non ser que con carácter excepcional as necesidades
pedagóxicas así o aconsellaren, a separación
en aulas diferentes.
Artigo
14
1.
A lingua galega é materia de estudio obrigatorio en tódolos
niveis educativos non universitarios. Garantirase o uso efectivo
deste dereito en tódolos centros públicos e privados.
2.
O Goberno Galego regulamentará as circunstancias excepcionais
en que un alumno pode ser dispensado do estudio obrigatorio
da lingua galega. Ningún alumno poderá ser dispensado
desta obriga se tivera cursado sen interrupción os seus
estudios en Galicia.
3.
As autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán
que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é
obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis
oral e escrito, en igualdade co castelán.
Artigo
15
1.
Os profesores e os alumnos no nivel universitario teñen
o dereito a empregar, oralmente e por escrito, a lingua oficial
da súa preferencia.
2.
O Goberno Galego e as autoridades universitarias arbitrarán
as medidas oportunas para facer normal o uso do galego no ensino
universitario.
3.
As autoridades educativas adoptarán as medidas oportunas
co fin de que a lingua non constitúa obstáculo
para facer efectivo o dereito que teñen os alumnos a
recibir coñecementos.
Artigo
16
1.
Nos cursos especiais de educación de adultos e nos cursos
de ensino especializado nos que se ensine a disciplina de lingua,
é preceptivo o ensino do galego.
Nos
centros de ensino especializado dependentes da Xunta de Galicia
establecerase o ensino da lingua galega nos casos en que o seu
estudio non teña carácter obrigatorio.
2.
Nos centros de educación especial para alumnos con deficiencias
físicas ou mentais para a aprendizaxe empregarase como
lingua instruinental aquela que, tendo en conta as circunstaricias
familiares e sociais de cada alumno, mellor contribúa
ó seu desenvolvemento.
Artigo
17
1.
Nas Escolas Universitarias e demais centros de Formación
do Profesorado será obrigatorio o estudio da lingua galega.
Os alumnos destes centros deberán adquiri-la capacitación
necesaria para facer efectivos os dereitos que se amparan na
presente Lei.
2.
As autoridades educativas promoverán o coñecemento
do galego por parte dos profesores dos niveis non incluídos
no parágrafo anterior, a fin de garanti-la progresiva
normalización do uso da lingua galega no ensino.
TÍTULO
IV - DO USO DO GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Artigo
18
O
galego será a lingua usual nas emisoras de radio e televisión
e nos demais medios de comunicación social sometidos
a xestión ou competencia das institucións da Comunidade
Autónoma.
Artigo
19
O
Goberno Galego prestará apoio económico e material
ós medios de comunicación non incluídos
no artigo anterior que empreguen o galego dun xeito habitual
e progresivo.
Artigo
20
Serán
obrigas da Xunta de Galicia:
1.
Fomenta-la Producción, a dobraxe, a subtitulación
e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais
en lingua galega.
2.
Estimula-las manifestacións culturais, representacións
teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega.
3.
Contribuír ó fomento do libro en galego, con medidas
que potencien a producción editorial e a súa difusión.
TÍTULO
V - DO GALEGO EXTERIOR
Artigo
21
1.
O Goberno Galego fará uso dos recursos que lle confiren
a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía
para que os emigrantes galegos poidan dispoñer de servicios
culturais e lingüísticos en lingua galega.
2.
Así mesmo fará uso do previsto no artigo 35 do
Estatuto de Autonomía a fin de protexa-la lingua galega
falada en territorios limítrofes coa Comunidade Autónoma.
TÍTULO
VI - DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E A FUNCIÓN
NORMALIZADORA
Artigo
22
O
Goberno Galego asumirá a dirección técnica
e o seguimento do proceso de normalización da lingua
galega; asesorará á Administración e ós
particulares, e coordinará os servicios encamiñados
a consegui-los obxectivos da presente Lei.
Artigo
23
O
Goberno Galego establecerá un plan destinado a resalta-la
importancia da lingua como patrimonio histórico da comunidade
e a poñer de manifesto a responsabilidade e os deberes
que esta ten respecto da súa conservación, protección
e transmisión.
Artigo
24
1.
A Escola Galega de Administrición Pública encargarase
da formación dos funcionarios a fin de que poidan usa-lo
galego nos termos establecidos pola presente Lei.
2.
O dominio das linguas galega e castelá será condición
necesaria para obte-lo diploma da Escola Galega da Administración
Pública.
Artigo
25
O
Goberno Galego e as Corporacións Locais dentro do seu
ámbito fomentarán a normalización do uso
do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais,
asociativas, deportivas e outras. Con esta finalidade e por
actos singulares, poderanse outorgar reduccións ou exencións
das obrigas fiscais.
DISPOSICIÓN
ADICIONAL
Nas
cuestións relativas á normativa, actualización
e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de
autoridade o establecido pola Real Academia Galega.
Esta
normativa será revisada en función do proceso
de normalización do uso do galego.
DISPOSICIÓN
FINAL
A
presente Lei entrará en vigor ó día seguinte
da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago
de Compostela, 15 de xuño de 1983
Gerardo
Fernández Albor Albor
Resolución
sobre a situación das linguas na Comunidade e da lingua
galega
Parlamento
Europeo
Comisión
de Peticións
A
Presidenta
Asunto:
A súa petición nº 687/91
Teño
a honra de informarlle que a Comisión de Peticións
proseguiu o exame da súa petición na súa
xuntanza dos día 26 e 27 de xaneiro de 1993.
A
conclusión deste exame a Comisión considerou que
a lingua galega debe recibi-lo mesmo tratamento que a lingua
catalana, de conformidade coa resolución aprobada polo
Parlamento Europeo o 11 de decembro de 1990 sobre a base do
informe elaborado no nome da Comisión de Peticións,
relativo á situación das linguas nas Comunidades
Europeas e da lingua catalana (Do. A3-169/90).
Deste
xeito dáse por concluído o exame da súa
petición.
Saúdao
atentamente.
Rosaria
Bindi
Presidente
da Comisión de Peticións.
O Parlamento
Europeo
—Vista a
Petición nº 687/91 da Universidade de Santiago,
—Vistos
os artigos 217 e 248 do Tratado constitutivo da Comunidade Económica
Europea, os artigos 190 e 225 do Tratado constitutivo da Comunidade
Europea da Enerxía Atómica, así como as
diferentes Actas de adhesión,
—Visto
o Regulamento nº 1 do Consello do 15 de abril de 1958, modificado
despois de cada adhesión, e en especial os seus artigos
1, 6, 7 e 8,
—Visto
o informe da Comisión de Peticións e as opinións
da Comisión de Asuntos Xurídicos e de Dereitos
dos Cidadáns e da Comisión de Xuventude, Cultura,
Educación, Información e Deporte.
A)
Considerando que as Comunidades Europeas, e máis en particular
o Parlamento Europeo, constitúen —de tódolos organismos
internacionais que agrupan a países nos que se utilizan
diversas linguas— o único órgano que adoptou o
principio do "multilingüismo integral"; isto supón
que, con excepción do luxemburgués (que pasou
a ser unlla lingua oficial de Luxemburgo en 1984), as dez linguas
que teñen o estatuto de lingua oficial en todo o territorio
dun Estado membro son tamén relevantes en canto linguas
da Comunidade, ben entendido que o texto dos actos de dereito
derivado non se publican en irlandés,
B)
Considerando que a experiencia demostra que este traballo sistemático
en 9 linguas que comporta custos non desprezables, dá
orixe a dificultades e sobrecargas técnicas que se poden
ver acrecentadas, no seu caso, a consecuencia de novas adhesións,
C)
Considerando, sen embargo, que mediante o recurso extensivo
á práctica do "multilingüismo integral" o
Parlamento Europeo pretende subliña-la dignidade que
recoñece ás linguas, reflexo e expresión
das culturas dos pobos e que, en calquera caso, os efectos positivos
desta práctica son evidentes posto que permite examina-los
textos sometidos ó Parlamento e en especial os textos
das propostas de medidas comunitarias que teñen valor
lexislativo, nas linguas de tódolos países nos
que estas medidas deberán integrarse nos seus sistemas
xurídicos,
D)
Considerando a importancia da lingua galega, lingua europea
milenaria utilizada en tódolos niveis do ensino e en
tódolos medios de difusión, na que existe unha
producción cultural e literaria moi importante e da que
fai uso efectivo e continuado a maior parte da poboación
dun territorio de máis de 2 millóns de habitantes,
e tamén o seu carácter oficial,
E)
Considerando, por tódolos motivos antes mencionados que
non é posible acceder a unha aplicación completa
do principio da igualdade de tódalas linguas dos países
comunitarios pero que, polo que fai referencia á lingua
galega, existen posibilidades de utilización que poden
poñerse en práctica no momento actual,
-
Considera
que a Petición da Universidade de Santiago traduce
ben esta necesidade, en particular referida ó galego,
lingua oficial en Galicia, en virtude do seu Estatuto de
Autonomía e no marco da norma xeral do artigo 3 da
Constitución Española de 1978;
-
Sinala
que, para que o obxecto destas peticións poida facerse
realidade, debe terse en conta que a fixación do
réxime lingüístico das institucións
das Comunidades Europeas (en virtude das disposicións
do artigo 271 do Tratado CEE, do artigo 190 do Tratado Euratom
e do Regulamento nº 1 do Consello de 15 de abril de 1958)
é competencia do Consello, que decide por unanimidade
e que, polo que respecta ós Estados membros nos que
existen diversas linguas oficiais, o uso da lingua debe
determinarse, a solicitude do Estado interesado, segundo
as regras xerais da lexislación deste Estado;
—
a publicación en galego dos Tratados e dos textos fundamentais
das Comunidades;
—
a difusión en galego da información pública
relativa ás institucións europeas por tódolos
medios de comunicación;
—
a inclusión do galego nos programas elaborados pola Comisión
para a aprendizaxe e perfeccionamento das linguas europeas;
—
a utilización do galego nas relacións orais e
escritas co público na(s) Oficina(s) da Comisión
das Comunidades Europeas na Comunidade Autónoma en cuestión;
-
Acolle
con satisfacción que, de conformidade co Regulamento
do Tribunal de Xustiza, as testemuñas e os expertos
poidan xa utiliza-la lingua galega no Tribunal se non poden
expresarse de modo conveniente nunha das linguas de procedemento
do Tribunal;
-
Pide
á Mesa, no marco do réxime xurídico
mencionado no apartado 3 e polo que respecta ó Parlamento
Europeo, que adopte decisións axeitadas na materia,
tendo en conta os obxectivos citados;
- Encarga
ó seu Presidente que transmita a presente resolución
e o informe da súa comisión ó Consello,
á Comisión e á Universidade que presentou
a petición 687/91